XORNADA TÉCNICA “A SEGURIDADE DE TODOS”

Terá lugar o 30 de outubro en Arteixo Innovación

25/10/2019

No marco da III Quincena da Seguridade do Polígono de Sabón, a Asociación de Empresarios do Polígono e o Concello de Arteixo organizan a Xornada Técnica “A Seguridade de Todos”, o mércores 30 de outubro, ás 10:00 h. en Arteixo Innovación.

A xornada está estructurada en dúas partes:

  1. SEGURIDADE INDUSTRIAL. A SEGURIDADE DE EMPRESAS E PERSOAS

* Seguridade nas instalacións contra incendios, Andrés Pedreira, Secretario Xeral da Asociación de Profesionais de Inxeñería de Protección contra Incendios.

* Seguridade nas instalacións eléctricas, Rafael Suárez. Xerente da Asociación de Instaladores Eléctricos de A Coruña

* Seguridade industrial, Asociación Galega de Organismos de Control Autorizados,ASGOCA

Modera: María Botana Rocamonde, Responsable de PRL da CEC e Secretaria de ASGOCA

 

, 2.MESA REDONDA: OS POLÍGONOS INDUSTRIAIS. A SEGURIDADE DO TERRITORIO

* Daniel Sánchez Villaverde, Xefe do Área de Seguridade do Concello de Arteixo

* Hernán Jiménez Fernández, Global Security Manager, Industrial Security Division, PROSEGUR

* Javier Medela Gallego, Teniente da Guardia Civil. Posto Principal de Arteixo

Modera: Marta Marzoa Rodríguez, Xerente de AEPI SABÓN

 

A asistencia é de balde, previa inscripción en asociación@poligonosabon.org ou 981.640.966