Xornada “Emprendemento e persoas emprendedoras”

Organizada no marco do Plan de Fomento do Emprendemento da Asociación de Empresarios, cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña

02/12/2015

A Asociación de Empresarios organizou unha xornada de focalización da idea emprendedora, dirixida aos alumnos de Formación Profesional do Concello de Arteixo.
Baixo o título “Emprendemento e persoas emprendedoras” alumnos dos ciclos formativos de Administración e Finanzas, Instalacións Electrotécnicas e Xestión Administrativa do IES de Sabón encheron o auditorio de Arteixo Innovación para asistir a esta xornada organizada no marco do Plan de Fomento do Emprendemento da Asociación de Empresarios.
A xornada foi impartida por Xabier Sánchez Santos, director de proxectos de Nova Consultores e contou coa participación do Presidente da Asociación de Empresarios, Manuel Rivas Caridad, que aportou a súa experiencia como emprendedor e empresario.
Ao rematar o acto, todos os asistentes recibiron unha Guía de Recursos de Emprendemento, elaborada pola Asociación de Empresarios coa cofinanciación de la Diputación Provincial.