Visita ao Polígono de Sabón dos alumnos do CPR Plurilíngüe Andaina

Visitaron as instalacións da empresa JEVASO no marco do Programa Eduemprende

09/05/2017

Alumnos de segundo da ESO do CPR Plurilíngüe Andaina visitaron o Polígono de Sabón no marco do Programa Eduemprende, no que a Asociación de Empresarios colabora coa Consellería de Educación.

A visita empresarial que inclúe o programa realizouse nesta ocasión á empresa JEVASO, do sector téxtil, sen dúbida o referente do Polígono de Sabón.  Alí, os seus responsables explicaron aos alumnos os diferentes procesos que levan a cabo, dende deseño, patronaxe e confección a almacenamento e xestión de devolucións e das tendas on line para diversas firmas.

Os alumnos optarán ao premio anual do concurso “Atrévete a ter unha idea”.  O pasado ano foron un dos centros premiados.