Taller “CUIDADO DE COSTAS”

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón e BEONE Fitness & Sport, concesionaria da xestión da Piscina Municipal de Arteixo organizan un taller de “Cuidado de Costas” (Ergonomía Postural), conscientes do elevado número de baixas laborais que …

27/10/2017

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón e BEONE Fitness & Sport, concesionaria da xestión da Piscina Municipal de Arteixo organizan un taller de “Cuidado de Costas” (Ergonomía Postural), conscientes do elevado número de baixas laborais que se producen por problemas musculares e de espalda.

Con este taller preténdese concienciar a empresarios e traballadores da importancia do exercicio físico, o fortalecemento muscular e o cuidado das posturas para evitar futuras lesións asociadas á actividade laboral.

O taller terá lugar o venres día 3 de novembro, ás 18:00 horas no complexo deportivo da Piscina Municipal de Arteixo.

A asistencia é gratuita, previa inscripción na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, 981.640.966, formacion@poligonosabon.org