Seminario de Economía Circular

Celebrarase o 19 de decembro en Arteixo Innovación

30/11/2017

A Asociación de Empresarios colabora coa Confederación de Empresarios de La Coruña e coa Xunta de Galicia na organización dun seminario dirixido ao tecido empresrial da provincia, co fin de impulsar a economía circular como oportunidade económica, estratexia empresarial e mellora ambiental.

Celebrarase ó martes 19 de decembro, de 10:00 a 14:00 horas en Arteixo Innovación.

O fomento da economía circular materialízase no lema: “Vírate Verde!”, como alusión da alternativa que ofrece a economía circular ao modelo de produción e consumo actual.

O seminario, de 4 horas de duración, será dirixido por profesionais vencelladas á sustentabilidade e responsabilidade social empresarial, así como á xestión de procesos participativos.

O contido é o seguinte:

•Problemática ambiental actual
•Que é a economía circular?
•A economía circular no marco da Unión Europea, España e Galicia
•Ferramentas de economía circular
•Exemplos de proxectos empresariais de economía circular
•A activación da intelixencia colectiva para promover a innovación en economía circular

A asistencia é gratuita, pero require inscrición.