Promoción da Piscina Municipal de Arteixo para traballadores de empresas asociadas

Estará vixente ó longo dos meses de novembro e decembro

29/10/2015

A Piscina Municipal de Arteixo ven de poñer en marcha unha promoción para os traballadores das empresas pertencentes á Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo.
Todos aqueles que se den de alta como novos socios durante os meses de novembro e decembro terán a matrícula de balde e, ademáis, entrarán no sorteo dun bono de dúas sesións de fisioterapia, un vale de 30 € en material deportivo, dous vales dun mes para un curso e unha bolsa de deporte.
No momento da alta deberán comunicar a empresa á que pertencen e o dato será validado pola Asociación de Empresarios.
Máis información na Piscina Municipal, C/ Arsenio Iglesias, s/n, teléfono 981.633.444, arteixo@aquafitgestion.com, www.piscinamunicipalarteixo.com