Programa RE-ACCIONA do IGAPE

O IGAPE presenta estos días unha nova convocatoria do PROGRAMA RE-ACCIONA, de axudas, técnicas e económicas, orientadas á mellora da competitividade da Peme Galega.

19/02/2018

Neste marco, desenvolven dous servizos de gran interese para as pemes galegas, tanto pola incidencia que teñen no incremento da productividade e o aforro de custes, como pola orientación que poden dar ás empresas no entorno da Industria 4.0.

1) “Optimización da producción e cadea loxística”, proxectos ad hoc, dirixidos á implantación de melloras cuantificadas, orientadas á eficiencia e reducción de custes en calquera proceso que desenvolva a organización (producción, almacenaxe, administración, compras …).Utilizando ferramentas da filosofía Lean, eliminan ou minoran aquelo que non aporta valor á empresa, como pode ser: stock, movementos innecesarios de persoas, de material, re-operacións, sobreproducción…etc, e que fan incurrir nuns custes importantes. Convocatoria ol 05/02/18 ó 23/03/18

2) “Diagnóstico organizativo e tecnolóxico para solucións Industria 4.0”. Obtén un análisis desde estas duass perspectivas, identificando melloras e priorizándoas segundo o punto de partida de cada organización e necesidades da empresa. Consegue un itinerario que te dirixa a ser unha Industria 4.0. Ademáis, a realización deste diagnóstico facilitará a concesión dotras axudas neste ámbito, xa que engadirá máis puntos á túa solicitude. Convocatoria do 29/01/18 ó 01/03/18

Máis información na Asociación de Empresarios.