Programa de préstamos do IGAPE para financiar circulante e investimentos

A dotación orzamentaria é de 23 millóns de euros e o prazo de solicitude está xa aberto e remata o 31 de maio de 2016

05/11/2015

O Diario Oficial de Galicia de 3 de novembro publica la Resolución de 22 de outubre de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección do IGAPE que aproba o Programa de préstamos para financiar circulante e investimentos en Galicia, con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O IGAPE poderá conceder préstamos para financiar actividades empresariais en dúas modalidades:

  * Préstamos IGAPE – BEI – Circulante, destinados a proporcionar un fondo de manobra estable, que permita ás empresas galegas, industriais ou exportadoras, fortalecer a súa estrutura financeira para desenvolver plans de crecemento.

  * Préstamos IGAPE – BEI – Investimento, destinados a financiar proxectos de investimento en Galicia, fundamentalmente do sector industrial e estratéxicamente relevantes.

Toda a información en: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151103/AnuncioO92-231015-0001_gl.pdf