PREMIOS CONSELLO SOCIAL UDC

Para as empresas está convocado o PREMIO CONFIANZA, ao compromiso da empresa coa Universidade da Coruña

14/11/2018

O Consello Social da Universidade da Coruña concede o PREMIO CONFIANZA UDC ás empresas implicadas no fomento e/ou desenvolvemento de proxectos e iniciativas innovadoras en colaboración coa UDC en calquera das súas actividades.

Poderán optar a estes galardóns as entidades privadas con personalidade xurídica propia que de calquera xeito colaboraran coa UDC ou calquera dos seus institutos, departamentos, grupos de investigación ou servizos.

Máis información en http://premiosconsellosocial.udc.es/