POLÍTICA DE PRIVACIDADE E COOKIES

Todos os datos persoais solicitados pola ASOCIACIÓN (Asociación de empresarios do polígono de Sabón-Arteixo) gozan de todas as garantías de Confidencialidade e Seguridade. Respecto diso, informámoslle do seguinte:

1. A ASOCIACIÓN unicamente obtén e conserva a información referente aos seus datos de facturación e contacto, provedor de acceso a Internet (ISP), data e hora de acceso á web e a dirección de Internet desde a que partiu a ligazón á nosa páxina web.

2. A utilización de cookies permítenos recoñecerlle cada vez que visita a nosa web, aínda que, se o desexa, pode proceder á eliminación delas. As nosas cookies asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu computador, e non proporcionan por si o nome e apelidos do usuario. Ademais, as cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados.

3. A ASOCIACIÓN garante a protección e confidencialidade dos datos persoais, domiciliarios, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de Decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal.

4. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 9 da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, dispomos de estritos procedementos de seguridade relativos ao almacenamento e revelación de datos, co fin de evitar todo acceso intrusivo aos mesmos.

5. Por iso, e en cumprimento do establecido na devandita lei, a ASOCIACIÓN infórmalle que todos os datos facilitados polos nosos clientes á ASOCIACIÓN ou aos seus empregados, serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade da ASOCIACIÓN, Avda. Arsenio Igrexas, 46 Polígono de Sabón 15142 (Arteixo) – A Coruña Tel. +34 981 640 966; provista de C.I.F. núm. G15 286 271. A principal finalidade do devandito ficheiro é a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, a realización de estudos estatísticos, así como o envío de publicidade relativa aos produtos e servizos ofrecidos pola ASOCIACIÓN.

6. A ASOCIACIÓN asegura a confidencialidade dos datos achegados e garante que, en ningún caso, serán cedidos para ningún outro uso sen mediar consentimento previo e expreso dos nosos clientes.

7. En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, os clientes da ASOCIACIÓN poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais comunicándoo por escrito á ASOCIACIÓN, Avda. Arsenio Igrexas, 46 – Polígono de Sabón Tel. +34 981 640 966 ou ben enviando unha mensaxe ao correo info@poligonosabon.org.