POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Quen é o responsable do tratamento?

Identidade: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SABÓN-ARTEIXO
Enderezo Postal: Avda. Arsenio Igrexas. Nº 46. CP15142- Sabón, Arteixo, A Coruña
Correo electrónico: asociacion@poligonosabon.org
Teléfono: 981 640 966

Cal é a finalidade da recollida e tratamento de datos?
Na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón recollemos os seus datos persoais para as seguintes finalidades:

• Xestión, coordinación e defensa dos intereses comúns dos asociados
• Creación, xestión e desenvolvemento dos servizos e actividades comúns que acorden os seus membros
• Representación e fomento dos intereses comúns dos asociados ante toda clase de Administracións e Institucións públicas e privadas
• Fomento da unidade e solidariedade entre organizacións empresariais con fins semellantes, mesmo mediante a participación, no seu caso, doutras de ámbito superior
• Fomento e promoción da formación, a prevención de riscos laborais, a calidade, o medio ambiente, a responsabilidade social corporativa, a internacionalización das empresas e calquera outros de interese común que a Asemblea Xeral acorde establecer

Cal é a legitimación para o tratamento dos seus datos?
Na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón tratamos os seus datos persoais en base ao consentimento que nos outorgou mediante a aceptación da nosa política de privacidade.

Durante canto tempo conservaremos os seus datos?
Conservaranse os datos persoais durante os prazos previstos pola lexislación fiscal, civil, ou de tipo de administrativo, respecto da prescrición de responsabilidades.
En todo caso, lembrámoslle que pode retirar o consentimento para o tratamento dos seus datos persoais en calquera momento.

A quen comunicamos os seus datos?
Informámoslle que non cederemos os seus datos persoais a terceiros, sen obter previamente o seu consentimento expreso, salvo que esteamos obrigados a eles por algunha norma legal.

Cales son os seus dereitos ao facilitarnos os seus datos?
Debe saber que, polo feito de tratar os seus datos persoais, dispón duns dereitos que lle detallamos a continuación:

• Poderá solicitar acceso a todos os seus datos persoais que tratamos (dereito de acceso)
• Terá dereito a rectificar os seus datos, ben porque son inexactos ou porque cambiaron (dereito de rectificación)
• Igualmente poderá solicitar o borrado dos seus datos cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos (dereito de supresión)
• Terá dereito a solicitar que non se traten os seus datos persoais (dereito de oposición)
• Tamén poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos nos seguintes casos (dereito á limitación do tratamento):

Durante o estudo de impugnación pola inexactitude dos seus datos
Se o tratamento é ilícito, pódese opor á supresión dos seus datos, e solicitar no seu lugar a limitación do seu uso
Cando non necesitemos tratar os seus datos, pero os necesíte para o exercicio ou defensa ante posibles reclamacións
Se se opuxo ao tratamento dos datos alegando interese público ou lexítimo, mentres estamos a analizar se os nosos motivos para o tratamento prevalecen sobre os seus intereses

• Terá dereito a que lle entreguemos os seus datos persoais en formato electrónico, de forma que sexa manexable para Vd. (dereito á portabilidade), sempre que tecnicamente fose posible

Pode exercitar estes dereitos e en xeral, consultar todas as cuestións relativas ao tratamento dos seus datos persoais mediante o envío dun correo electrónico a asociacion@poligonosabon.org, por correo postal dirixíndose a Avda. Arsenio Igrexas, 46, Sabón, Arteixo (A Coruña) (A/A ASOCIACIÓN EMPRESARIOS POLIGONO SABÓN), achegando copia do seu DNI ou documento análogo.
Responderemos á súa petición o máis axiña posible, e en todo caso, no prazo dun mes desde que se recibiu.

• No suposto de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Dispón da información necesaria para iso en www.agpd.es

Están seguros os seus datos?
Na Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón recollemos, tratamos e almacenamos os seus datos aplicando políticas e normas de seguridade da información. Estas medidas de seguridade aplican tanto á información en formato electrónico como en papel, e garanten a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos seus datos. No caso de que exista un evento ou incidente que comprometa os seus datos, comunicarémosllo no prazo máximo de 72 horas desde que tivésemos coñecemento do mesmo.

Esta política de privacidade pode ser modificada?
Si. Reservámonos o noso dereito de actualizar esta Política de Privacidade, Solicitamos que revise periodicamente a mesma para que estea atento a calquera cambio.