Os xerentes dos polígonos do área de influencia da Coruña reúnense para analizar l problemática común das suas áreas empresariais.

“As entidades xestoras ou asociacións empresariais deben implicarse activamente na xestión dos polígonos pero para que as empresas conten cos servicios básicos e de valor engadido que melloren a súa competitividade, é imprescindible a colaboración das distintas administracións e, moi concretamente, os Concellos”

17/12/2019

Á reunión que tivo lugar no Polígono de Bergondo, asistiron os xerentes de seis polígonos do área de influencia da Coruña. Marta Marzoa, Xerente de Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón – Arteixo ; Teresa Firvida, Xerente da Asociación de Empresarios de Agrela; Carolina García, Directora da Asociación de Empresarios SEARA; Alfredo Candales, Xerente da Comunidade de Propietarios e Asociación de Empresarios do Polígono Pocomaco; Pablo Rodríguez, Xerente do Polígono de Carballo e Mª Jesús Garcia, Xerente da Comunidade de Propietarios do Polígono de Bergondo.

Durante o encontro tivieron ocasión de compartir experiencias e comentar os problemas diarios das súas áreas empresariais  que pasan pola conservación da urbanización ou prestar servizos comúns como a seguridade e problemas do día a día como a xestión de residuos, a movilidade, a mellora de infraestructuras e dos accesos, ou os trámites administrativos, pero tamén de compartir os proxectos que cada entidade ten en marcha.

Este será o primeiro encontro dun foro que se reunirá de forma trimestral  e abrirase a outras áreas que desexen participar, co obxetivo fundamental de xerar sinerxias e plantexar temas comúns que sacar adiante de forma conxunta porque cada polígono é diferente pero os problemas ós que se enfrentan diariamente son similares.