Os polígonos empresariais de España contarán cunha marca de calidade para distinguir a súa excelencia e competitividade

O proxecto avalado pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariales e que contou no seu desenvolvemento coa participación da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón poñerase en marcha en sete comunidades autónomas

20/01/2017

A Coordinadora Española de Polígonos Empresariales (CEPE) presentou oficialmente esta mañá no marco do Grupo de solo industrial do Foro de Axencias de Desenvolvemento Rexional o proxecto da Marca de Calidade para os polígonos empresariais de toda España.

Según explicou o Presidente de CEPE, “hoxe damos luz verde a un proxecto no que levamos traballando varios anos como resultado da mellora continua e de centrar os esforzos en accións de valor para os polígonos empresariais, os grandes motores da economía española”.

Os polígonos empresariais poderán obter unha acreditación similar á de ‘bandeira azul’ que premie e distinga a calidade, valorando e validando a capacidade das súas infraestruturas, os servizos e outras variables que teñan no seu contorno.

Este tipo de distintivo non fixa niveles mínimos de servizos ou de infraestruturas, senón o cumprimiento dos requisitos segundo as características particulares de cada área empresarial, en infraestruturas (alumeado, aparcamentos, telecomunicacións…), xestión de servizos básicos e suministros (electricidade, gas, redes de augas…), xestión da área empresarial, os servizos prestados a empresas (vixilancia, formación, modernización das tecnoloxías, conciliación da vida laboral e familiar…), movilidade (transporte público, carril bici…), a influencia social, entre outros.

Con este proxecto que se pon en marcha xa se fomenta e incentiva ás organizacións empresariais, e as Administracións competentes de este tipo de áreas para que melloren e velen polo mantemento das súas infraestruturas e servizos.

A entidade solicitante da marca nun polígono empresarial pode ser un concello, unha deputación provincial, unha entidade promotora, unha entidad de conservación, unha comunidade de propietarios ou unha asociación de empresarios, entre outras.

Os beneficios pola implantación destas marcas de calidade van a percibilos as asociaciones, as empresas, os traballadores, as entidades xestoras, o Concello e usuarios, en xeral. Grazas a que ó xerar competitividade entre os polígonos, estas marcas de calidade permiten coñecer unha radiografía do parque empresarial e obtéñense diagnósticos da situación, permitindo impulsar medidas de mellora e incrementar a inversión pública e privada.

“É clave avogar e defender este tipo de marcas para todos os polígonos empresariais de España. Levamos a cabo cun equipo de técnicos un traballo moi serio en seguridade, limpeza, conexións de transportes, infraestruturas, pero non nos podemos quedar aquí. Todos os empresarios xunto coas Administracións temos que ser conscientes que si este tipo de áreas avanzan, a economía progresa e seremos máis competitivos nun panorama cada vez máis esixente e global”, sinalou o presidente de CEPE.

O proxecto piloto comezará en 10 polígonos de Cataluña, Galicia, Extremadura, Madrid, Baleares, Comunidade Valenciana e País Vasco.