Os asociados de CEPE visitan as instalacións de INDITEX

Aproveitando a súa asistencia á XVII Asemblea Xeral de CEPE, puideron coñecer de primeira man esta referencia empresarial mundial do noso polígono.

11/06/2015

Como complemento ás actividades vinculadas á XVII Asemblea Xeral, CEPE en colaboración coa nosa Asociación organizouse unha visita ás instalacións do Grupo INDITEX, tendo a oportunidade de coñecer de primeira man as principais instalacións do mesmo dentro do noso polígono.

Durante a mesma, tiveron ocasión de coñecer os departamentos de deseño, localización de tendencias, escaparatismo, tendas, platós, loxística,..

Na sede de INDITEX en Arteixo traballan unhas 4.000 persoas de 140 nacionalidades distintas.