A Asociación de empresarios do Polígono de Sabón acolle a Asemblea Xeral de CEPE

O vindeiro 8 de xuño a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón acollerá a asemblea xeral da Coordinadora Española de Polígonos Empresariais.

03/06/2015

O vindeiro 8 de xuño a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón acollerá a asemblea xeral da Coordinadora Española de Polígonos Empresariais.

Atendendo ao criterio de que cada ano cada integrante de CEPE acolla a organización e celebración da súa asemblea anual, este ano a nosa asociación ten o pracer de recibir a todas as entidades membro da Coordinadora.

Aproveitarase a ocasión para incidir na xeración de contactos e de potenciar o coñecemento entre todos os seus membros, ao tempo que se entrará na aprobación das súas contas anuais do 2014 así como do seu propio orzamento para o ano 2015.

Afondarase tamén nos novos proxectos e na nova visión estratéxica que a súa xunta directiva está a deseñar para impulsar a visibilidade e a marca de CEPE como o único referente de defensa dos intereses dos polígonos industriais en España.