Incendio en Acteco. O despregue de medios humáns e técnicos fixo posíbel que a situación permanecese baixo control en todo momento

Bombeiros dos parques de Arteixo, Carballo, Betanzos e A Coruña, Policía Local e Protección Civil de Arteixo e a seguridade privada do polígono traballaron coordinadamente cos efectivos da Xunta de Galicia. Repsol e a Autoridade Portuaria aportaron tamén medios técnicos

04/12/2016

Un incendio calcinou case que totalmente a nave que a empresa Acteco posúe no Polīgono de Sabon. A súa actividade, a reciclaxe de residuos, facīa presaxiar o peor cando o lume comenzou ás sete da tarde, dada a cantidade de toneladas de cartóns plásticos almacenados.

A rápida e coordinada actuación dos equipos de emerxencias, si ben no puido salvar a nave, sí fixo posíbel que non se visen afectadas as naves colindantes nin as vivendas veciñas e, o máis importante, que non houbese que lamentar vítimas, nunhas tareas de extinción especialmente complicadas.

Os medios técnicos aportados por Repsol (motobomba) e pola autoridade portuaria (barreras anticontaminación) facilitaron enormemente a rápida extinción e o control dos vertidos.

A Asociación de Empresarios facilitou á empresa a localización de naves de aluguer, donde os 49 traballadores da empresa continuarán coa súa actividade esta mesma semana.

Esta incidencia pon de manifesto a necesidade de contar cunha planificación axeitada. O Concello de Arteixo e a Asociación de Empresarios traballan conxuntamente desde fai uns meses no Plan de Emerxencias do Polígono.

Enlaces de interese:

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/12/05/acteco-garantiza-49-empleos-incendio/1131844.html
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/12/06/acteco-mantiene-49-empleos-arteixo/1132032.html