II QUINCENA DA SEGURIDADE – CURSOS DE FORMACIÓN

Desenvolverase entre o 17 e o 31 de outubro no Polígono de Sabón

13/09/2018

A Asociación de Empresarios, coa colaboración do Concello de Arteixo, organiza a II Quincena da Seguridade, que se desenvolverá do 17 ó 31 de outubro de 2018.

Neste marco impartiranse, de balde, diferentes cursos relacionados coa seguridade e a prevención:

    SEGURIDADE EN PLANTAS PETROQUÍMICAS – 12H
17 de outubro, de 09 a 14 e de 15 a 19 horas (parte teórica)
18 de outubro, de 08:30 a 11:30 ou de 11:30 a 14:30 horas (dous grupos, parte práctica)
20 prazas

    EXTINCIÓN DE LUMES E EQUIPOS DE RESPIRACIÓN – 6H
19 de outubro, de 08:30 a 14:30 horas
15 prazas  

    MANEXO SEGURO DE CARRETILLA ELEVADORA – 10H
22 de outubro de 09:00 a 14:00 horas (parte teórica)
23 de outubro, de 09:00 a 14:00 horas (parte práctica)
15 prazas

    MANEXO SEGURO DE PLATAFORMA ELEVADORA – 10H
24 de outubro, de 09:00 a 14:00 horas (parte teórica)
25 de outubro, de 09:00 a 14:00 horas (parte práctica)
15 prazas

    RISCO ELÉCTRICO – 6H
26 de outubro, de 08:30 a 14:30 horas
20 prazas

    MANEXO SEGURO DE PONTE GUINDASTRE – 8H
29 de outubro, de 09:00 a 14:00 horas (parte teórica) e de 15:30 a 18:30 h. (parte práctica)
10 prazas

Teñen prioridade na inscrición o persoal das empresas asociadas e as persoas desempregadas empadroadas en Arteixo. Neste último caso é obrigatorio presentar o volante de empadroamento e copia da tarxeta de demandante de emprego.

INSCRICIÓNS nas oficinas da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Avda. Arsenio Iglesias, 46 (Arteixo Innovación) ou no correo formacion@poligonosabon.org A PARTIR DAS 08:00 HORAS DO 24 DE SETEMBRO (non se recollerá ningunha inscrición antes da data indicada).

Pode descargar premendo AQUÍ o formulario de inscrición. É obrigatorio asinar tanto o formulario como a Política de protección de datos persoais.