Estudio de tráfico no Polígono a través de ferramentas de microsimulación

Permitirá valorar cal é a opción máis idónea para resolver os problemas de tráfico actuais

01/02/2017

A Xunta de Galicia encargou un estudo de tráfico, a través de ferramentas de microsimulación, nos accesos e viais interiores do Polígono de Sabón, co obxecto de obter datos reais que permitan valorar cal é a opción máis idónea para resolver o problema dos atascos que o Polígono sufre actualmente nas horas punta. O estudo abarca a área Rotonda de Seixedo – Avda. Deputación – Avda. da Ponte – Avda. Fisterra.

Para realizar ese estudo, a partir do próximo luns día 6 de febreiro, cesará o operativo policial que mantén cortado o tramo da Avda. Deputación entre Avda. da Moda e glorieta de ITV nas horas de entrada e saída dos traballadores de Inditex, para poder analizar a situación real do tráfico. O cese do operativo policial durará hasta o día 24 de febreiro. Durante esos días poderase circular sen limitacións pola Avda. Deputación.

Entre os días 9 e 24 de febreiro tomaranse os datos de campo, mediante sensores distribuidos polos viais comprendidos no área obxecto de estudo.