O Polígono de Sabón acolle a Asemblea Xeral de CEPE 2015

Contou con a participación de representantes de 12 comunidades autónomas e supuxo o apoio ao proceso de nova definición estratéxica da Coordinadora.

12/06/2015

A sede da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón foi o marco da XVII Asemblea Xeral de CEPE, na que participaron representantes de 220 parques empresariais de 12 Comunidades Autónomas, nos que están emprazadas máis de 85.000 empresas.

Aproximadamente o 50 % da facturación anual da economía española ten a súa orixe en polígonos industriais e o 30 % do PIB de España se xera nos polígonos industriais.

A Asemblea de CEPE reuniu a entidades moi diversas no seu concepto: asociacións empresariais, comunidades de propietarios, xestores privados de polígonos, axencias de desenvolvemento de gobernos autonómicos, deputacións,…. Todas moi diferentes nas nosas finalidades globais pero unidas por un fin concreto: o desenvolvemento e mellora da competitividade das áreas empresariais.

A XVII Asemblea Xeral de CEPE supón un punto de partida dun proceso de definición estratéxica que impulse e faga evolucionar á entidade nun ámbito de desenvolvemento superior.

Os membros da Asemblea de CEPE deron o visto bo a un decálogo de reivindicacións que trasladarán nos vindeiros meses a todos os partidos políticos que concorrerán ás eleccións xerais para activar políticas económicas dentro dos seus programas electorais para impulsar a competitividade, coidar os parques empresariais e potenciar un maior recoñecemento socio-económico destes dinamizadores da economía.

Entre os aspectos destacados dentro do decálogo de conclusións da Asemblea Xeral de CEPE que se celebrou durante dous días (8 e 9 de xuño) na sede do Polígono de Sabón-Arteixo (A Coruña), resalta a necesidade de impulsar plans de mellora dos polígonos empresariais e rehabilitación dos polígonos empresariais (algúns deles xa con máis de 40 anos de vida), declarándoos como “zonas maduras” para o mantemento das infraestruturas, seguridade, limpeza, alumeado público ou zonas verdes.

O presidente de CEPE, Alejandro Sáenz de San Pedro, explicou que “os parques empresariais hoxe son os grandes esquecidos das Administracións a pesar de que son os grandes motores da economía nacional” e instou aos partidos políticos a que dentro das súas liñas estratéxicas do programa electoral aposten por “a colaboración das asociacións como ferramenta e vía máis realista para a xestión das áreas empresariais”.

Entre outras apostas, pide ás Administracións garantir a seguridade xurídica e estratexias de rexeneración urbana sostible en diferentes áreas industriais maduras, cunha lexislación a nivel nacional que unifique criterios urbanísticos e asegure o mantemento das infraestruturas con mecanismos de financiamento e xestión orientados a rehabilitación, rexeneración e renovación sostible e de calidade; e menor presión fiscal.

Asimismo, reclaman potenciar a movilidad sostenible en estas diferentes áreas empresariais, grandes ciudades de servicios con una elevada concentración de empleo y con un significativo volumen de desplazamientos recurrentes que generan un gran impacto socioambiental en las ciudades y entornos metropolitanos y pueblos.