E-Vento – Foro Empresarial “Novas Perspectivas do Mercado Laboral”

Organizado pola Lanzadeira de Emprego Esforza de Arteixo, terá lugar o martes 18 de outubro en horario de 09:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 h.

10/10/2016

O martes 18 de outubro, en horario de 09:00 a 13:30 y de 16:30 a 19:30 h. terá lugar no Centro Arteixo Innovación o Foro Empresarial “Novas Perspectivas do Mercado Laboral”, organizado pola Lanzadeira de Emprego Esforza de Arteixo.  O E-Vento busca ser un punto de encontro entre empregadores e desempregados.

O grupo da Lanzadeira Esforza de Arteixo está constituido por 23 persoas desempregadas,  que participan neste programa para coñecer novas ferramentas de búsqueda de traballo máis acordes ao mercado actual, reforzar as súas habilidades e contar con novas oportunidades de inserción laboral.

As “Lanzadeiras de Emprego e Emprendemento Solidario” representan unha nova filosofía na intervención social do desemprego.  Coa colaboración da Xunta de Galicia, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María la Real e recursos do FSE, as Lanzadeiras buscan ser unha alternativa e solución ao momento actual de crise económica global e elevadas taxas de paro, propoñendo un cambio de enfoque e tratamento das políticas de inserción laboral desenvolvidas hasta o momento.

As “Lanzadeiras de Emprego” despréndense dos comportamentos pasivos asociados de xeito tradicional á persoa desempregada. Chaman ó cambio e á acción, ó traballo en equipo comprometido e proactivo para que as persoas desempregadas recobren a ilusión, descubran todas as competencias e habilidades de que dispoñen para atopar traballo e/ou desenvolver o seu proxecto empresarial.

O Foro que terá lugar o día 18 de outubro contará con relatorios das empresas participantes e mesas redondas con temáticas relacionadas co emprego e os recursos humans.

O aforo é limitado de valde, previa inscrición en https://goo.gl/1UbcsT