DÍA INTERNACIONAL DA MULLER EN ARTEIXO

Celebrarase o xoves 14 de marzo, ás 17:00 h. en Arteixo Innovación.

07/03/2019

O Concello de Arteixo organiza a “III Xornada Arteixo activo… en feminino”, en conmemoración do Día Internacional da Muller.

A xornada terá lugar o xoves 14 de marzo e dará comezo ás 17:00 h. coa proxección da curtametraxe “Matria”, nomeado ós Premios Goya 2019, á que seguirá un coloquio coa súa protagonista, Francisca Iglesias Bouzón.

A continuación terá lugar a mesa redonda “Arteixo Activo… en feminino”, na que participarán Ana Isabel Ulloa Lobeiras, Presidenta da Asociación de Empresarias de A Coruña, Encina González Cano, Vicepresidenta do Centro Comercial Aberto de Arteixo e Marta Marzoa Rodríguez, Xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo. A mesa estará moderada por Cristina Bajo, Coordinadora de Xénero e Igualdade de Senes Cit, S.L.

Intervirán o Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo Martínez e a Concelleira de Servizos Sociais e Área de Benestar Comunitario, Inés Ramos Álvarez.

Ó rematar entregarase o recoñecemento “Muller de Arteixo 2019” a Mª del Pilar Martínez (Tenda de Moda Brooklyn), polos seus 40 anos como empresaria.

Inscripcións ata o 13 de marzo no CIM