Deseño textil e loxīstica no eixo Arteixo – Vila Nova de Famalicao

Encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, os días 17 e 18 de novembro en Arteixo Innovación.

17/11/2016

Este curso incluirá visitas a Inditex e ó porto exterior de Arteixo e entre os seus ponentes atópanse directivos de grupos como Inditex ou Jevaso, así como especialistas en I+D+i do Centro Tecnolóxico das industrias Têxtil e do Vestuario de Portugal, do Máster de Loxística da Universidade da Coruña, da Autoridade Portuaria da Coruña, da Universidad do Minho ou do Instituto Tecnológico de Matemática Industrial de Portugal. As xornadas incluirán tamén sesións de networking e mesas redondas que tratarán as posibilidades de cooperación industrial entre Galicia e o norte de Portugal e que contarán coa  participación dol Presidente de la Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Manuel Rivas Caridad.

O protocolo de hirmanamento firmado entre Paulo Cunha, presidente da Cámara de Vilanova de Famalicâo, e Carlos Calvelo, Alcalde de Arteixo, supuxo o inicio dunha colaboración entre ambolosdous concellos para iniciar diversos programas de colaboración, como pode ser o intercambio de programas de formación destinados a potenciar a competitividade dos traballadores en diferentes sectores empresarias ou a presentación de candidaturas conxuntas para lograr fondos europeos.

O Curso foi inaugurado polo Vicepresidente Primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo, o Alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, o Vereador do Empreendedorismo dla Cámara Municipal de Vila Nova de Famalicâo e o Director de la UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro.