DA COMENZO A QUINCENA DA SEGURIDADE NO POLÍGONO DE SABÓN

Desenvolverase entre o 17 e o 31 de outubro

17/10/2019

Un ano máis, a Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón e o Concello de Arteixo organizan a Quincena da Seguridade no Polígono de Sabón.

Ó longo de dúas semanas impartiranse diferentes cursos relacionados coa prevención de riscos e a seguridade nas empresas: seguridade en máquinas, operador de carreta elevadora, manexo de DESA e soporte vital básico, operador de plataforma elevadora e risco eléctrico.

A quincena rematará cun simulacro e unha xornada técnica que se desenvolverá baixo o título “A Seguridade de todos” e que contará con dúas mesas de debate, “Seguridade Industrial. A seguridade de empresas e persoas” e “Os polígonos industriais.  A seguridade do territorio”.

Ó marce da quincena, no mes de novembro, continuarán as actividades en materia de PRL coa impartición do curso básico de prevención de riscos de 60 horas e os módulos específicos de albanilería e movemento de terras.

130 persoas, empadronadas en Arteixo e/ou traballadores de empresas asociadas, participarán  nos cursos organizados.  Todas as prazas están cubertas.