Cubertas todas as prazas do Curso “Manexo seguro de carretas elevadoras”

Impartirase os días 4 e 5 de outubro de 2016, de 09:00 a 14:00 h. na sede da Asociación de Empresarios

01/09/2016

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón e a Confederación de Empresarios de La Coruña organizan un curso de “Manexo seguro de carretas elevadoras”, de 10 horas de duración, que terá lugar os días 4 e 5 de outubro de 2016, de 09:00 a 14:00 h. na sede da Asociación de Empresarios, en Avda. Arsenio Iglesias, 46 (Arteixo Innovación).
A inscrición é gratuita e as prazas son limitadas. As inscripcións atenderanse por rigurosa orde, tendo prioridade os traballadores das empresas asociadas e os desempregados empadroados en Arteixo.
O curso conta coa financiación da Xunta de Galicia.
Información e inscricións na sede da Asociación de Empresarios, 981.640.966, formación@poligonosabon.org

As prazas están xa cubertas