Curso de seguridade en plantas petroquímicas. Homologado por Repsol

Celebrarase os días 22 e 23 de novembro en Arteixo Innovación. A asistencia é gratuita previa inscripción

09/11/2017

No marco do convenio anual que manteñen a Asociación de Empresarios e o Concello de Arteixo e debido á alta demanda dos cursos de Seguridade en Plantas Petroquímicas organizados no marco da Quincena da Seguridade, programouse un novo curso para os días 22 e 23 de novembro.

O curso impartirase nas instalacións de Arteixo Innovación, co seguiente horario: 22 de novembro de 09 a 14 e de 15 a 19 horas e 23 de novembro en horario de mañá.

Teñen prioridade na inscripción os traballadores de empresas asociadas e os empadronados en Arteixo.