CONVENIO ENTRE A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SABÓN E ABANCA

O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos.

11/04/2019

O convenio foi subscrito na sede da asociación en Arteixo polo director de zona de ABANCA en Coruña Oeste/Bergantiños, Jacobo Sánchez, e o Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Manuel Rivas. No acto tamén participaron o coordinador de Negocio Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño,e o director da oficina da entidade en Vilarrodís, Javier Pérez.
Grazas a este convenio o banco pon a disposición das empresas do Polígono de Sabón un plan de financiamento co que os empresarios do área contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ouleasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. As empresas asociadas terán á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e do Igape.
Do mesmo xeito, os empresarios do polígono poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais.