CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E BANCO DE ALIMENTOS

A Presidenta do Banco de Alimentos Rías Altas, Concepción Rey Pedreira e o Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Manuel Rivas Caridad, firmaron o convenio en representación das súas respectivas entidades.

22/01/2020

A Asociación de Empresarios firmou un convenio de colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas en virtude do cal a Asociación facilitará a Banco de Alimentos a instalación puntual de colectores de recollida de alimentos, así como o contacto coas súas empresas asociadas.