CIRCULARWEEKEND EN ARTEIXO

O evento de economía circular terá lugar os días 9 e 10 de novembro

02/11/2018

A Asociación de Empresarios colabora co Concello de Arteixo na difusión da iniciativa Circularweekend, encontro de innovación para a economía circular. Esta é a primeira edición celebrada en Galicia e lévase a cabo grazas ó patrocinio do Concello de Arteixo que aposta por Circularweekend como pedra angular da súa política de fomento da economía circular.

Circularweekend é un evento no que aprender a lanzar ideas circulares, circularizar modelos existentes e entrar en contacto con todos os axentes do sector. De xeito práctico e con exemplos reais haberá ponencias, obradoiros e asesoramento para solucionar os retos da economía circular e lanzar novos proxectos.

  • O venres pola mañá se falará das posibilidades da economía circular, cómo financiar proxectos e coñeceremos casos reais de proxectos emprendedores. Así mesmo, faránse propoestas para circularizar modelos de forma colaborativa
  • Dende o venres pola tarde aplicarase a metodología Ecocanvas e desenvolveranse en grupos de traballo as ideas presentadas polos asistentes (empresas ou ideas) coa axuda de mentores e con varias charlas de formación.

Circularweekend contará ademáis das accións presenciais do venres 9 e o sábado 10 de noveembro co siguiente programa de acompañamento para os participantes nos distintos grupos de traballo:

  • 20 horas de sesións de 1,5 horas de mentoring individual
  • 4 encontros grupaies on-line de 2 horas de duración
  • 30 accesos a formación on-line

Circularweekend é un evento ideal para:

  • calquera persoa que queira saber máis sobre economía circular e óomo aplicar na práctica os conceptos.
  • emprendedores que queiran comenzar ou reorientar o seu proxecto para que sexa máis circular.
  • empresas xa circulares (empresas que xa adoptaron algún proceso ou diseño dentro da economía circular e queren coñecer outros exemplos e/ou mellorar esa adaptación) ou con gañas de ser circulares (aquelas que non saben qué é a economía circular ou oíron falar dela pero creen que pode ser interesante para incorporalo no seu modelo empresarial)

Información e rexistro a través da web:

http://arteixo.circularweekend.org/

Video resume de I Edición Circularweekend: https://bit.ly/2FLMrOs