CEPE celebra a súa XVIII Asamblea Xeral

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón estivo presente no acto, celebrado en Barcelona

06/06/2016

CEPE celebrou en Barcelona a súa XVIII Asamblea General, organizada por PIMEC, continuando a liña tradicional de celebrar a Asamblea anual na sede dun dos seus asociados.

O programa de actividades previsto comenzou o luns 30 de maio cunha visita as cavas Pere Ventura en Sant Sadurní d’Anoia (Barcelona), asociado de PIMEC. Ese mesmo día pola noite celebrouse a cena oficial da Asamblea.

O martes día 31 pola mañá celebrouse a Asamblea Xeral, inaugurada polo Presidente de PIMEC, Josep González, quen deu a benvida ós asistentes en nome da entidade.

Na Asamblea presentaronse os ambiciosos proxectos de CEPE a desenvolver nos vindeiros meses.

Estes actos que Cepe organiza anualmente permiten a tódolos asistentes coñecer un pouco máis as peculiaridades dos asociados que organizan o evento e o seu territorio.