CEPE celebra a súa Asamblea Xeral en Bilbao

Contou cunha ampla presencia de representantes das distintas Comunidades Autónomas

12/04/2017

Organizada por Sprilur, a Asamblea Xeral anual de CEPE programouse coincidindo coa Asamblea Xeral da Red ELIGE, a asociación nacional de empresas públicas, o que permitiu a celebración conxunta dunha xornada técnica na que se trataron temas de interese común a ámbalas duas entidades.

A Asamblea Xeral de CEPE celebrouse cunha ampla asistencia de representantes das entidades asociadas, que valoraron muy positivamente os proxectos levados a cabo nos últimos meses.

Participou na Asamblea, en calidade de Secretaria Xeral de CEPE e membro da súa Xunta Directiva, a Xerente da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón, Marta Marzoa.

O evento completouse cunha visita guiada ao Museo Guggenheim e un paseo en barco pola ría de Bilbao, para rematar cunha comida nun tradicional txoko.