AULA VIRTUAL

A través desta páxina a Asociación pon a túa disposición a súa aula virtual para que, en modo de teleformación, poidas mellorar a túa busca para o emprego ou podas adquirir novas competencias profesionais.

Conta cunha relación de cursos que se van actualizando día a día, co que tamén che recomendamos que visites a nosa web con certa periodicidade por si algún che resulta de interese.

Se queres participar como alumno, por favor, descarga o seguinte formulario, cúbreo e envíao á dirección de correo formacion@poligonosabon.org ou ben entrégao nas nosas oficinas.

Lembra que estes cursos son gratuítos para todas aquelas persoas demandantes de emprego que presenten o certificado de estar empadroadas no Concello de Arteixo xunto coa súa tarxeta de demandante de emprego.

Normas xerais de uso da Aula Virtual

Por último, queremos trasladarche unhas normas xerais de uso que temos establecido para un óptimo uso da Aula Virtual. Por favor, léelas con atención:

1. Todos os cursos incluídos na Aula Virtual se desenvolven en réxime de autoaprendizaxe.
2. Ningún dos cursos ten unha duración predefinida para a súa finalización.
3. Dentro do apartado de recursos xerais, ao principio de cada curso, hai unha guía de introdución á plataforma, considerando de especial interese leela antes de iniciar o contido formativo.
4. Mantén a orden de lectura de cada módulo ou tema que compoña o curso.
5. Os contidos de cada módulo se poden descargar só unha vez lido previamente na Aula Virtual.
6. En todo momento, en caso de dúbida ou pregunta, atenderémosche no correo formacion@poligonosabon.org
7. Todos os cursos teñen ao final un exame, que haberá de ser superado para poder obter o correspondente certificado de aproveitamento. O dito exame permite dous intentos.
8. Só unha vez rematado o curso co exame aprobado, a Asociación emitirá un certificado ou diploma acreditativo de superación do mesmo.
9. Co obxectivo de mellorar no noso servizo formativo, ao final do curso poderás encher a enquisa de calidade do mesmo.
10. Para unha óptima navegación polos contidos do curso, recomendamos utilizar o navegador Firefox ou o Chrome (enlace)

Y Lembra que para poder participar nos nosos cursos da Aula Virtual é imprescindible ter unha conta de correo electrónico.

Para acceder pulse aquí