Aprobados os festivos locais para o ano 2016

Serán o 9 de febreiro, martes de entroido e o 26 de xullo, festas do Santiago Apóstol

03/09/2015

O Pleno do Concello de Arteixo celebrado o 27 de agosto aprobou os festivos locais para o ano 2016, que serán o 9 de febreiro, martes de entroido e o 26 de xullo, festas do Santiago Apóstol.

Estes festivos uniranse ós dous elexidos polo Goberno Autónomo para todos os concellos de Galicia: 17 de maio, Día das Letras Galegas e 24 de xuño, San Xoan.

En Galicia serán tamén non laborais os festivos estatais: 1 e 6 de xaneiro, 24 e 25 de marzo (Xoves e Venres Santo), 25 de xullo, 15 de agosto, o 12 de outubro, 1 de novembro e 6 e 8 de decembro.