Alumnos do IES Fin do Camiño de Fisterra visitan o Polígono de Sabón e as instalacións da empresa PREFHORVISA

A visita enmárcase no Programa Eduemprende – Atrévete, no que a Asociación de Empresarios colabora coa Consellería de Educación

16/12/2016

Alumnos de 1º e 2º de ESO do IES Fin do Camiño de Fisterra visitaron o Polígono de Sabón no marco do Programa Eduemprende – Atrévete impulsado pola Consellería de Educación.

Foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios, donde charlaron sobre o polígono e sobre a importancia de ser emprendedor.  De seguido, visitaron a sede da empresa PREFHORVISA na que o seu Director, Francisco García Carrillo, explicoulles a sua experiencia como empresario e o funcionamento da empresa, dedicada aos prefabricados de formigón.  Para finalizar, realizaron un percorrido polo polígono, para coñecer as empresas que desenvolven nel a sua actividade.