Alumnos do IES de Mugardos visitan o Polígono de Sabón

A visita enmárcase no Programa Eduemprende, no que a Asociación de Empresarios colabora coa Consellería de Educación

03/03/2017

Alumnos de 1º e 2º de ESO do IES Mugardos visitaron o Polígono de Sabón no marco do programa de fomento do emprendemento entre os xóvenes Eduemprende.

Os alumnos foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios e posteriormente acudiron ás visitas programadas, Pescanova España para os alumnos de 1º de ESO e Grupo Alumán para os de 2º.

En Grupo Alumán proxectóuselles un video coa historia da empresa e as súas principais líñas de negocio para posteriormente visitar as instalacións.

En Pescanova visitaron a nave conxelador onde se almacenan os langostinos procesados e asistiron ao proceso completo de elaboración de pizzas.

Os alumnos tiveron ocasión tamén de realizar un percorrido polo Polígono para coñecer as principaiss empresas ubicadas nel.