Alumnos do CPR Plurilingüe Andaina visitan o Polígono de Sabón

Foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios e posteriormente visitaron as instalacións do GRUPO ALUMAN

18/03/2016

Alumnos de 2º de ESO do CPR Plurilingüe Andaina visitaron o Polígono de Sabón no marco do Programa Eduemprende-Atrévete da Consellería de Educación.
Foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios donde se lles trasladaron algunhas ideas básicas sobre emprendemento, iniciando un debate no que os alumnos demostraron os seus coñecementos sobre este tema, grazas ós traballos previos no colexio.
Tras un breve percorrido polo Polígono, visitaron con grande interés as instalacións do GRUPO ALUMAN , onde tiveron oportunidade de coñecer o seu proceso produtivo.