Alumnos do CPR Liceo La Paz da Coruña visitan o Polígono de Sabón no marco do Programa Eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Os alumnos foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios e posteriormente visitaron as instalacións do Grupo Aluman

18/01/2016

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo colabora por segundo ano consecutivo ca Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Programa Eduemprende – Atrévete.
O obxectivo do programa é inculcar ós xóvenes a cultura emprendedora, para que no futuro contemplen a posibilidade de crear unha empresa na que desenvolver a súa vida laboral.