Alumnos do CPI Virxe da Cela de Monfero visitan o Polígono de Sabón no marco do Programa Eduemprende

Os alumnos visitaron tamén as instalación de La Voz de Galicia

22/01/2016

Alumnos de 1º e 2º da ESO fixeron un percorrido polo Polígono de Sabón, no que se lles deu información das empresas que desenvolven a súa actividade no Polígono e visitaron as instalacións de La Voz de Galicia. Posteriormente foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios donde se falou do significado de emprender e se deron pautas para os futuros emprendedores.