Alumnos de 2º de ESO do IES Agra de Raíces de CEE visitan o Polígono de Sabón e as instalacións de AD Regueira e Grupo Alumán

Continúan as visitas no marco de Programa Eduemprende

17/01/2017

Os alumnos foron recibidos na sede da Asociación de Empresarios e posteriormente acudiron ás visitas programadas.

En AD Regueira visitaron o almacén automatizado de recambios do automóvil, onde lles explicaron o seu funcionamento e o procedimento de atención de pedidos.

En Grupo Alumán proxectouselles un video coa historia da empresa e as suas principais líñas de negocio para posteriormente visitar as instalacións.

Os alumnos tiveron ocasión tamén de realizar un percorrido polo Polígono para coñecer as principais empresas ubicadas nel.