ALMORZO DE TRABALLO ORGANIZADO POLA FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Tivo lugar no Pazo de Lóngora, en Oleiros

23/07/2019

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) organizou un almorzo de traballo dirixido ás entidades xestoras dos polígonos empresariais da súa área de influencia. Asistiron os xerentes das Comunidades de Propietarios de Bergondo e Pocomaco e das asociacións de empresarios de Agrela, As Pontes e Sabón.

Participaron no almorzo o Presidente de Altia, Tino Fernández e o Director de CERES, da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre, Diego Hernández.

O obxectivo destas actividades é o fomento das relacións universidade – empresa e a xeración de sinerxias.