Almorzo de traballo: Como actuar ante unha inspección fiscal

O venres 23 de setembro, as 9:30 horas na sede da Asociación de Empresarios, en Arteixo Innovación

15/09/2016

A Asociación de Empresarios, en colaboración coa empresa Arxón Estrategia, organiza un almorzo de traballo sobre “CÓMO ACTUAR ANTE UNHA INSPECCIÓN FISCAL”.

Terá lugar o venres 23 de setembro, ás 9:30 horas, en Arteixo Innovación. A duración prevista é de 1 hora y poderán asistir de balde os representantes das empresas asociadas.

Os temas que se tratarán son os seguintes:

Identificación do actuario e procedemento. Incumprimento: anulación do proceso.

Aspectos a controlar para evitar a calificación de Resistencia á actuación inspectora.

Ratios aplicables pola Inspección nas nosas contas anuais.

Áreas de risco: aprovisionamentos, existencias, persoal, ingresos de explotación e financeiros, gastos de explotación e financeiros, operacións vinculadas, etc.

Os dereitos da empresa inspeccionada.

Os novos prazos de actuación inspectora.