ALMORZO DE TRABALLO COA AUTORIDADE PORTUARIA DE A CORUÑA

Terá lugar o mércores 13 de marzo, ás 10:00 h. en Arteixo Innovación.

07/03/2019

A Asociación de Empresarios organiza un Almorzo de Traballo coa Autoridade Portuaria de A Coruña no que contaremos coa presenza do Presidente, Enrique Losada e do Director do Porto, Juan Diego Pérez.

Terá lugar o próximo mércores día 13 de marzo, ás 10:00 h., en Arteixo Innovación.

Ó rematar o almorzó, ás 11:00 h., visitaremos as instalacións do Porto de Punta Langosteira.

A idea é que as empresas do polígono teñan contacto directo coa Autoridade Portuaria para estudar as posibles sinerxias máis alá do tráfico de mercadorías.

A asistencia é gratuita, previa inscripción en asociación@poligonosabon.org