A Fundación CYD e o Consello Social da UDC presentan na Coruña as conclusións do informe ‘As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2015’

Varios membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón participaron no acto

28/04/2016

A Fundación Conocimiento y Desarrollo (CYD) presentou esta mañá na Coruña o seu informe “As universidades españolas. Unha perspectiva autonómica. 2015”, ante destacados representantes das tres universidades galegas, a Xunta de Galicia e o sector empresarial autonómico. Este almorzo de traballo foi organizado en colaboración co Consello Social da Universidade da Coruña (UDC).

No encontro interviñeron o patrono da Fundación CYD e Presidente do Consello Social da UDC, D. Antonio Abril Abadín; o Secretario Xeral de Universidades, D. José Alberto Díez de Castro; e o vicepresidente da Fundación CYD, D. Francesc Solé Parellada. O almozo de traballo serviu para valorar as conclusións e os fitos máis importantes do informe, que sirve como radiografía do estado da Educación Superior en España.

Por parte da Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón participaron o seu Presidente, Manuel Rivas Caridad; Víctor Marzo e María Marzo, de Oxinor; Francisco García, de Prefhorvisa; Manuel Areán, de La Voz de Galicia; José López Castaño, de Retsa II e Marta Marzoa, Xerente da Asociación.