A Coruña acollerá o día 6 de outubro o Congreso de Directivos CEDE 2015

PALEXCO será o escenario dunha xornada exclusiva, con diálogo e relatores de primeiro nivel internacional.

16/09/2015

A Confederacíon Española de Directivos y Ejecutivos – CEDE organiza en A Coruña o seu Congreso 2015, baixo o título “Valores do directivo para a axenda global”. Ó longo desta xornada,  que terá lugar o 6 de outubro, destacados líderes económicos, empresariais e políticos compartirán cos directivos españois as súas experiencias e coñecementos para superar os retos da situación económica actual.

No evento participarán, entre outros: Pablo Isla, Presidente de Inditex; César Alierta, Presidente de Telefónica; Isidro Fainé, Presidente de Caixabank; Rosa García, Presidenta de Siemens España; Álvaro Nadal, Director da Oficina Económica do Presidente do Goberno e Carlos Slim, Presidente da Fundación Carlos Slim.   CEDE 2015 contará coa presidencia de S.M. El Rey, no seu acto institucional, e co Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na clausura.

A Confederación de Empresarios de La Coruña, á que pertence a nosa Asociación, é Entidade Adherida do Congreso e por iso, todos os representantes das empresas asociadas poderán inscribirse cunha cuota preferente de 125 euros (IVE incluido).

As inscripcións realizaránse a través da web www.congresodirectivos.com