A Coordinadora Española de Polígonos Empresariales (CEPE) pon en marcha marcas de calidade semellantes ás bandeiras azuis para distinguir a excelencia dos Polígonos Empresariais de toda España

O proyecto piloto comenzará por dez polígonos empresariais, entre eles o Polígono de Sabón

05/07/2016

A Asamblea Xeral da Coordinadora Española de Polígonos Empresariales (CEPE) deu luz verde ó proxecto das marcas de calidade para os polígonos empresariais de toda España. Segundo avanzou o Presidente de CEPE, Alejandro Sáenz de San Pedro, “a meirande parte dos nosos polígonos poderán obter unha acreditación semellante á de “bandeira azul” que premie e distinga a calidade destas áeras en función das súas infraestruturas, os sevizos e outras variables que teñan na súa contorna”.

A Coordinadora Española de Polígonos Empresariais leva varios anos traballando na elaboración dunha norma para certificar o nivel de calidade e buscar un valor engadido para as áreas empresariais que decidan adoptala e pasar os requisitos que se fixen como infraestruturas (alumeado, aparcadoiros, telecomunicacións…), suministros (electricidade, gas, redes de augas…), servizos a empresas (vixiancia, formación, modernización das tecnoloxías, conciliación da vida laboral e familiar…) movilidade (transporte público, carril bici…) entre outros.

Para o Presidente da Coordinadora Española de Polígonos Empresariais “é vital que todos nos sensibilicemos da importancia de cuidar estos grandes motores da economía, xeradores de emprego e esta é a mellor forma de facelo para que se avale o seu nivel de calidade, como si fora unha catalogación dos polígonos semellante á que otorgan as estrelas ós hoteis ou as bandeiras azuis ás praias”.