A Confederación de Empresarios de La Coruña celebra o seu 40 Aniversario

Ó acto, celebrado no Pazo de Mariñán, asistiron Presidente e Xerente da Asociación de Empresarios

22/06/2017

A CEC conmemorou o seu 40 aniversario cun acto no Pazo de Mariñán no que se ensalzou a “unión e o traballo empresarial”.

O acto foi presidido polo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, xunto co Presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o Presidente da CEC, Antonio Fontenla e o Presidente da Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (Cepyme), Antonio Garamendi e contou coa asistencia de aproximadamente 180 personalidades do ámbito político e da empresa.