A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS

A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que agrupa, con carácter voluntario ás empresas emprazadas no Polígono de Sabón.

A Asociación se constitúe no ano 1990 por iniciativa dun grupo de empresarios co obxectivo de contar cunha institución que defendese os intereses xerais das empresas emprazadas no Parque e que permitise desenvolver actividades en común.

Os fins principais da Asociación son:

  • A xestión, coordinación e defensa dos intereses comúns das empresas asociadas
  • A creación, xestión e desenvolvemento dos servizos e actividades comúns que acorden os seus membros
  • A representación e fomento dos intereses comúns das empresas asociadas ante toda clase de Administracións e Institucións públicas e privadas
  • O fomento da unidad e solidariedade entre organizacións empresariales con fins semellantes, incluso mediante a participación, no seu caso, doutras de ámbito superior
  • O fomento e a promoción da formación, a prevención de riscos laborais, a calidade, o medio ambiente, a responsabilidade social corporativa, a internacionalización das empresas e calquera outros de interese común que a Asemblea Xeral acorde establecer.
  • A Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón – Arteixo forma parte da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) y da Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE)

Composición da Xunta Directiva:

  • Presidente: Manuel Rivas Caridad (CORTIPLAS)
  • Vicepresidente: Antonio Abril Abadín (GRUPO INDITEX)
  • Secretaria: María del Carmen Marzo Dorrío (OXINOR)
  • Tesoreiro: Francisco García Carrillo (PREFHORVISA)
  • Vogal: José López Castaño (RETSA II)
  • Vogal: Manuel Areán Lalín (LA VOZ DE GALICIA)
  • Vogal: Marcos Osuna Andrade (BAJAMAR SÉPTIMA)
  • Vogal: Andrea Guiotto (GISVA)

Equipo de xestión:

  • Xerente: Marta Marzoa Rodríguez
  • Responsable de Administración: Silvia Esmorís Souto

Información de interese: