A Asociación de Empresarios participou nunha xornada sobre xestión de polígonos industriais organizada polo Concello de Vitoria

A colaboración público – privada foi o obxecto do relatorio de Marta Marzoa

12/06/2017

O Pazo de Congresos Europa de Vitoria acolleu a xornada ‘A xestión de polígonos industriais a debate – Compartindo experiencias’, na que medio centenar de técnicos especialistas procedentes de asociacións empresariais, empresas, axentes sociais e administracións públicas debatiron sobre modelos de xestión e intervención en zonas industriais. Para iso contouse coa participación de relatores chegados de Galicia, Asturias, Cataluña, Andalucía e Euskadi.

O alcalde, Gorka Urtaran, inaugurou esta xornada técnica destacando a oportunidade que supón para levar a cabo una reflexión profunda sobre o presente e futuro das áreas industriais. Urtaran recordou a importancia da industria en Vitoria-Gasteiz, un sector económico que emprega a máis da cuarta parte da man de obra local e que é clave na aposta do equipo de goberno municipal por superar a crise e xerar emprego de calidade. O alcalde destacou actuacións levadas a cabo neste campo como a creación do servizo de industria, a realización dun inventario de parcelas sen uso nos polígonos ou a posta en marcha da Mesa de Industria.

A través de seis presentacións e un debate final aberto entre asistentes e ponentes, a xornada permitiu coñecer experiencias de colaboración público-privada, accións de dinamización de áreas industriais, proxectos de asociacionismo empresarial e ferramentas de desenvolvemento e mellora continua dos polígonos industriais.