A Asociación de Empresarios participa na reunión estratéxica da Coordinadora Española de Polígonos Empresariais, CEPE

A reunión tivo lugar na sede de CEPE en Madrid

15/10/2015

A Xunta Directiva de CEPE, xunto con outros representantes das entidades asociadas reuníronse na sede de CEPE en Madrid para definir accións que permitan a posta en marcha efectiva dos eixos e líneas de traballo estratéxicas definidas nunha primera reunión sobre o tema, que tivo lugar o pasado maio en Barcelona, e que foron presentadas na Asamblea Xeral celebrada o 8 de xuño en Arteixo.
O eixo principal céntrase na mellora da competitividade, tanto da propia entidade como dos parques empresariais, as súas empresas e a contorna.
Participaron nesta reunión estratéxica representantes de asociacións empresariais e entidades públicas e privadas de dez comunidades autónomas.