A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS ENTREGA ÁS SÚAS EMPRESAS ASOCIADAS AS MÁSCARAS FACILITADAS A PRECIO DE CUSTE POLO SERGAS

A xestión foi posible grazas ó convenio entre a Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de La Coruña.

25/04/2020

A Asociación de Empresarios repartiu entre ás súas empresas asociadas 10.000 máscaras quirúrxicas, que conforman o primeiro lote facilitado ó Polígono de Sabón polo SERGAS a precio de custe, coa mediación da Confederación de Empresarios de La Coruña.

A previsión é recibir máis nos próximos días para poder satisfacer os pedidos realizados polas empresas á Asociación.

A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa para paliar a escasez de máscaras e o seu elevado custe e permitirá ás empresas que poidan desenvolver a súa actividade facelo en condicións óptimas de seguridade para as persoas que traballan nelas.