A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE SABÓN PRESENTE COMO RELATORA NA XORNADA “A TRANSFORMACIÓN DOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS EN ESPAÑA”, O 27 DE FEBREIRO, NA SEDE DO MINISTERIO DE INDUSTRIA EN MADRID

A nosa entidade participará na mesa de experiencias, coa intervención da xerente, Marta Marzoa, que falará do ‘Asociacionismo como modelo de xestión’

20/02/2019

A Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE) analizará o 27 de febreiro nunha xornada en Madrid, coa colaboración do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a transformación dos polígonos industriais en España e os retos ós que se enfrentan para manter a competitividade e a calidade.

A través de relatorios e mesas de experiencia, a xornada analizará cuestións como o papel das administracións públicas para garantir a competitividade dos polígonos, no marco xurídico regulatorio no que se desenvolve a súa actividade, e o futuro dos polígonos en térmos de calidade e retos.

A nosa entidade participará na mesa de experiencias, coa intervención da xerente, Marta Marzoa, que falará do ‘Asociacionismo como modelo de xestión’

Asistencia de balde, previa inscripción en info@poligonoscepe.org